Discusión dirixida |
Nesta materia chámase discusión dirixida as aulas e actividades relacionadas coa práctica das destrezas orais (expresión oral, comprensión oral e interacción oral). Estas actividades lévanse a cabo en grupos pequenos e están a cargo do-da profesor-a lector-a.
MOI IMPORTANTE: a realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade.
Estas actividades teñen asignada unha porcentaxe moi importante da nota final da materia (ver apartado "Avaliación" desta guía). |
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Permitirá avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc. en todas as destrezas. Esta proba obxectiva combinará distintas tipoloxías de preguntas. |
Sesión maxistral |
Exposición por parte do profesorado dos contidos relativos a cada un dos temas e subtemas, co apoio de medios audiovisuais e documentación adicional. |
Solución de problemas |
Nesta materia chámase solución de problemas as aulas e actividades relacionadas coa gramática e coa práctica da comprensión lectora e da expresión escrita.
MOI IMPORTANTE: a realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade (exercicio de gramática, redacción, resumo, tradución…).
Estas actividades teñen asignada unha porcentaxe moi importante da nota final da materia (ver apartado "Avaliación" desta guía). |