Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Inglesa e Xénero
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A11 A14 A15 A16 B1 B6 Proba sumativa teórico-práctica.
Ensaio e comentario de texto.
30
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A6 A11 B7 B8 C3 C4 Nas PRÁCTICAS/TGR, este tipo de metodoloxía corresponde ao comentario ou análise dos textos que se están a estudar en cada tema. A análise de fontes documentais será a metodoloxía máis utilizada nas aulas dos grupos pequenos (TGR), xunto coa discusión dirixida. Algúns destes exercicios, elaborados na clase, serán recollidos pola profesora e computarán a efectos de avaliación. PRÁCTICAS: 2 puntos sobre 10 (20% do total).
Tamén se levarán a cabo análises textuais nas clases de DOCENCIA EXPOSITIVA e nas probas finais, nas datas oficiais de exames (xaneiro e xullo, vid. PROBA MIXTA). Os comentarios de texto feitos durante as sesións expositivas serán ocasionais. Os recollidos terán un valor de 1 punto (10%).
30
Presentación oral A1 A2 A6 A11 A15 A16 B1 B3 B6 B7 B8 C3 C4 Exposicion oral do PROJECT realizado nas clases prácticas (TGR). 14
Discusión dirixida A2 A3 A6 B6 B7 B8 C3 C4 Nesta actividade, partindo dos textos e das explicacións docentes, se animará ao alumnado a participaren por medio de preguntas ou temas de debate. Esta discusión dirixida pode complementar as sesións de DOCENCIA EXPOSITIVA ou DE, nas clases de grupo grande, ou ben a análise de fontes documentais nas PRÁCTICAS ou TGR.
1
Traballos tutelados A1 A2 A6 A11 A14 A15 A19 B1 B2 B3 B4 B6 B8 B10 C2 C3 C4 2 PROJECTs ou traballos tutelados individuais sobre temas de xénero na literatura en lingua inglesa (vid. temarios).
O traballo de prácticas é obrigatorio e terá un valor de 1.5 puntos (6-8 páx., 15 %).
O traballo correspondente as sesións maxistrais terá un valor dun punto (5-7 páx., 10%).
25
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN TEORÍA ((50% da materia;Dr. Gómez) - Comentarios de texto 1 punto; Ensaio de 5-7 pax. 1 punto; exame: 3 puntos.


AVALIACIÓN PRÁCTICAS (50% da materia; Dra. Núñez Puente): Proxecto 30% (15% Ensaio dirixido + 14% traballo de exposición oral + 1% participación en debate);  20% análise e comentarios de texto feitos na clase).

Para facer media é necesario un mínimo de 2 puntos por parte/profesor. Na devandita media se debe acadar alomenos 5 puntos para superar a materia.
Os traballos escritos deberán ser entregados no prazo estipulado polo profesorado, e sempre antes do remate da docencia da materia.
Na oportunidade de xullo o alumnado terá que levar a cabo exercizos escritos ou orais (tipo "análise de fontes documentais") sobre os textos de estudo (50% da nota), ademáis do exame (50% da nota). Aqueles alunos/as que o longo do curso presentaran traballos satisfactoriamente non teñen que realizar ningun traballo ou exercizo adicional.
Os alunos/as que non se presenten ás probas obxectivas da primeira ou segunda oportunidade acadarán a cualificación de Non Presentado se non entregaron mais do 50% das actividades avaliables durante o curso. Segundo as directrices do Vicerreitorado de Organización Académica e Titulacións, os alunos/as que suspendan na primeira oportunidade e non se presenten á segunda oportunidade de xullo, figurarán coa nota de "suspenso".
O alumnado oficialmente matriculado a tempo parcial e con dispensa académica concedida terá que levar a cabo exercizos escritos ou orais (tipo "análise de fontes documentais") sobre os textos de estudo (50% da nota) e o exame (50% da nota). Ditos/as estudantes deberán comunicar a súa situación aos docentes ao inicio do curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes