Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural
 Asignaturas
  Comunidades migrantes galegas en América e Europa
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Levaranse a cabo discusións en clase, en base ao material facilitado polas profesoras: lecturas, datos estatísticos, documentais ou películas.

Os alumnos de modalidade online, tamén participarán desta metodoloxía, mediante o uso das novas tecnoloxías.

Os documentos e material para a discusión dirixida serán compartidos a través da plataforma Moodle.
Traballos tutelados A materia avaliarase a través da realización dun traballo escrito individual, no que se relacionarán os diferentes contidos da materia (teóricos e prácticos)
As instrucións para a realización do traballo entregaranse ao comezo da materia e compartiranse a través da plataforma Moodle.

Tanto na modalidade presencial como online, guiarase ao alumnado na realización do traballo tutelado, mediante a atención personalizada.
Sesión maxistral Valorarase a asistencia ás sesións maxistrais. Esíxese un mínimo do 70% para os/as alumnos de modalidade presencial. Durante as sesións maxistrais traballaranse activamente os contidos do programa, integrando a exposición docente cos debates dirixidos.
A asistencia non será computada no caso do alumnado en modalidade non presencial, nese caso debe contactar coas profesoras co fin de establecer un sistema de comunicación e participación virtual por medio de Moodle ou doutras vías de comunicación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes