Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural
 Asignaturas
  Fontes de datos estatísticos e indicadores para o estudo das migracións
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia, ca axuda de TIC, e seguindo o esquema temático contemplado neste programa. A exposición incorpora elementos de participación e debate do estudiantado. No caso das persoas que cursan a modalidade online, as sesións maxistrais serán transmitidas por videoconferencia a través de internet, estando aberta a posibilidade de participación en directo nos debates que se xeneran na aula a través de comentarios na Moodle.
Traballos tutelados Realización dun traballo de análise da información de diversas fontes estatísticas sobre a inmigración nunha Comunidade Autónoma. No caso das persoas que cursen o mestrado de forma non presencial, tras da entrega do correspondente traballo tutelado, realizaráse unha titoría virtual na que se revisarán distintos aspectos do traballo co/a estudante en cuestión co obxecto de garantir a identidade da persoa que entrega dito traballo.
Prácticas de laboratorio Realización dunha práctica de folla de cálculo de consulta, tratamento, análise e representación gráfica de información estatística sobre os movementos migratorios. Esta práctica poderá realizarse online (será colgada na Moodle) para o estudantado que curse a modalidade online. A realización da práctica neste caso contará con asistencia da profesora a través de titorías online.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes