Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural
 Asignaturas
  Políticas de control de fluxos e de admisión da poboación estranxeira
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán nas explicación teóricas sobre os contidos da materia. As clases serán un espazo aberto ao debate e intercambio de opinións. Ademáis de lugar de encontro entre os profesores responsables e o alumnado para resolver dúbidas sobre os temas expostos e as leituras recomendadas.

Para facilitar a tarefa ao alumnado estarán accesibles no Campus Virtual os materiais de apoio que empreguen os profesores nas súas explicacións (presentacións) e todo materia adicional que poida considerarse relevante (bibliografía complementaria). Debemos lembrar que a través da páxina web do ESOMI (www.esomi.es) e do perfil do facebook (esomi.udc) estarán dispoñibles para o alumnado novas, publicacións e actualidade sobre a situación da inmigración en España.

A asistencia ás clases desta materia é obrigatoria ao igual que ao resto de asignaturas do máster. Lémbrase ao alumnado o requisito de asistir a un 70% das clases para poder realizar unha avaliación continua.
Discusión dirixida O profesorado responsable pode contemplar a opción de que o alumnado expoña durante as aulas algunhas leituras recomendadas na bibliografía ou faga pequenas exposicións sobre temas relacionados coa materia. Consideramos necesario a leitura da bibliografía recomendada da materia que reciben os alumnos e alumnas ao comezo do Máster. Ademáis, o profesorado pode facer recomendacións bibliográficas para solventar carencias de coñecementos e reforzar a aprendizaxe sobre as políticas de control migratorio.
Traballos tutelados Os profesores responsables da materia explicarán ao alumnado durante o desenrolo do curso o tipo de traballo tutelado que é requisito obrigatorio para superar esta asignatura. O alumando pode consultar dúbidas ao respecto das temáticas e bibliografía complementaria ao profesorado durante o desenrolo das aulas.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a una charla de un gestor o técnico de una ONG en A Coruña. Para a modalidade a distancia será retrasmitida por video conferencia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes