Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural
 Asignaturas
  Comunicación e interpretación intercultural
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Presentación e comentario na clase de textos asignados por alumno/a ou por grupos de alumnos. Ao comentario e discusión --coordinada polas profesoras-- sumaranse voluntariamente os demáis alumnos e alumnas.
No caso das persoas que cursan a modalidade on-line, a participación a distancia queda habilitada a través de comentarios introducidos na Moodle. A participación a distancia en directo nos debates que se xerarán na aula dependerá da dispoñibilidade de recursos técnicos de gravación e retransmisión en directo.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
No caso do alumnado matriculado na modalidade on-line, garántense mecanismos que permitirán que este alumnado participe aproveitando dos soportes dixitais dispoñíbeis.
Traballos tutelados 1. Presentación do guión/rascuño do traballo final.
2. Desenvolvemento dun traballo final.
Para o traballo final cabe a posibilidade de realizar un deseño dunha proposta de investigación hipotética en referencia a un fenómeno ou problemática de comunicación intercultural. Para o desenvolvemento do mesmo será necesaria a síntese crítica de documentos traballados na materia e doutros propostos por cada alumna/o.
No caso das persoas que cursen o mestrado de forma non presencial, tras a entrega do correspondente traballo tutelado, realizarase unha titoría virtual na que se revisarán distintos aspectos do traballo co/a estudante en cuestión co obxecto de garantir a identidade da persoa que entrega dito traballo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes