Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural
 Asignaturas
  Comunicación e interpretación intercultural
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A3 A5 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B9 B12 B13 B14 C1 C5 Valorarase a competencia do alumnado no resumo e na valoración argumentada de cada texto empregado na elaboración do traballo, así como na comparación entre os mesmos, coa fin de:
a) realizar unha síntese crítica e orixinal, e
b) deseñar un estudo empírico hipotético.
80
Presentación oral A3 A8 B1 B3 B11 B12 B14 C1 Valorarase a capacidade do alumnado para expoñer --ben presencialmente ben on-line-- o contido e o sentido das lecturas asignadas e doutras fontes consultadas, así como a súa capacidade de argumentar críticamente acerca das mesmas, no contexto das discusións en clase. 20
 
Observacións avaliación

Os requisitos e os criterios de avaliación das dúas modalidades para o seguimento da materia (presencial ou on-line) serán iguais. Tal e como se indica no apartado de metodoloxías, os/as estudantes que cursen a modalidade on-line deste mestrado terán
unha titoría on-line coa profesora tras a entrega do traballo para
garantir a identidade da persoa que entrega o principal elemento de
avaliación desta materia. Así mesmo, garántense mecanismos que permitirán que este alumnado faga unha "presentación oral" aproveitando os soportes dixitais dispoñíbeis.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes