Descrición xeral |
Hoxe en día as novas tecnoloxías están presentes en todos os ámbitos da nosa vida, o turismo non é unha excepción. Nesta materia explóranse varios aspectos destas tecnoloxías aplicadas ao turismo. En primeiro lugar estúdase que características debe ter un sitio web de turismo segundo a OMT (Organización Mundial do Turismo). O obxectivo é ser capaz de avaliar a conveniencia do deseño e estruturación dun sitio web sobre turismo. Dentro desta mesma liña, aprenderase a desenvolver blogs con ferramentas sinxelas.
Outra tecnoloxía de evidente interese para o mundo do turismo son os Sistemas de Información Xeográfica (SIX), que permiten asociar información multimedia a puntos nun mapa. Despois dunha pequena introdución aos SIX, aprenderase a desenvolver sinxelos SIX con ferramentas de fácil uso.
Finalmente, farase un repaso das tecnoloxías máis modernas con aplicabilidade ao mundo do turismo, co fin de motivar a necesidade da innovación tecnoloxía tamén dentro do marco do turismo, como un aspecto fundamental para a mellora e diferenciación dos nosos produtos turísticos.
Os alumnos disporán no curso virtual dos seguintes materiais audiovisuais:
-Descrición da materia.
-Descrición Tema1
-Descrición Tema2
-Descrición Tema3
-Descrición Tema4
-Descrición do contido e estrutura das prácticas.
|