Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos (plan 2012)
 Asignaturas
  Planificación e xestión de plans de turismo. O papel das organizacións públicas e privadas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Ao comezo de cada tema identificaranse os principais obxectivos que se pretenden alcanzar, a secuencia lóxica que se seguirá na exposición de contidos, os coñecementos previos recomendables para facilitar o proceso de aprendizaxe e a bibliografía específica.
Análise de fontes documentais A partir do temario da materia, facilitarase material audiovisual ou bibliográfico que sirva de referencia para desenvolver algunhas cuestións básicas que o alumno deberá resolver para entregar o profesor
Obradoiro Nas clases prácticas, baixo a supervisión do profesor e empregando as metodoloxías antes mencionadas (lecturas, análise de fontes documentais, discusións...) o alumno deberá realizar unha serie de exercicios prácticos.
Estudo de casos Un dos obxectivos da materia é a elaboración dunha análise crítica dunha proposta de política económica, concretamente dos plans de longo prazo formulados para España (2020) utilizando para iso a metodoloxía e conceptos explicados na materia.
Con respecto ao estudo dos temas de carácter xurídico acompañarase da análise de casos prácticos relativos á interpretación de normas que nalgúns casos haberá de ser a través de comentarios de xurisprudencia así como redacción de documentos propios do procedemento administrativo aplicado ao ámbito turístico.
Presentación oral Ao longo do curso realizásense presentacións orais que teñen por obxecto valorar os coñecementos adquiridos polo alumno, favorecer a maduración do coñecemento e resolver as potenciais dúbidas que xorden tanto a nivel teórico como práctico.
Sesión maxistral Cada semana en horario presencial explicaranse os coñecementos básicos da materia, empregando para iso como apoio tanto medios audiovisuais coma fontes documentais. Nestas sesións será necesaria a participación activa do alumnado para facilitar o proceso de ensino-aprendizaxe.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes