Descrición xeral |
Os obxectivos da materia son os seguintes:
1)Definir e contextualizar conceptos básicos relacionados co turismo MICE, así como analizar a situación actual e tendencias futuras no mercado do turismo de negocios e reunións.
2) Coñecer os axentes ou entes implicados máis importantes no desenvolvemento deste tipo de turismo.
3) Estudar as características máis importantes que diferencian os congresos; as convencións; as xornadas, seminarios, simposios; as feiras, salóns, exposicións e; as viaxes de incentivos.
4) Analizar e desenvolver os pasos a seguir para organizar un congreso nos seus diferentes aspectos.
5) Determinar a importancia da mercadotecnia de destinos e produtos no turismo de negocios e reunións coa finalidade de salientar determinados aspectos vinculados á comercialización, comunicación, imaxe e posicionamento.
A utilidade desta materia para a Planificación e Xestión do turismo fundaméntase en:
a) Mellorar a prosperidade a longo prazo da comunidade local.
b) Deleitar aos visitantes maximizando a súa satisfacción.
c) Aumentar a rentabilidade das empresas locais e os efectos multiplicadores na súa economía.
c) Optimizar os impactos do turismo, asegurando un equilibrio sostible entre beneficios económicos e custos socioculturais e ambientais.
d) Promover o destino e satisfacer as necesidades de turistas e comunidade local.
Entre os beneficios que reporta o turismo de negocios e reunións, cabe destacar os seguintes: Económicos, Culturais (status, formación...), Desestacionalización, Publicidade beneficiosa e gratuíta, Crecemento de ingresos debido a que o gasto medio deste tipo de turistas é superior ao vacacional, Diversificación da oferta, Economías de escala e Boa imaxe de destino
Esta tipoloxía de turismo contribúe polo tanto, ao posicionamento turístico das cidades, dos organizadores, dos patrocinadores e dos colaboradores e mesmo das temáticas específicas dos congresos.
Cabe precisar que os alumnos disporán de todo o material necesario para o seguimento da materia. O devandito material estará dispoñible en power point, colgarase en moodle e consta de:
1) Presentación da materia onde se detalla todo o necesario para entender o sentido xeral da mesma.
2) Presentación e explicación de todos os temas que configuran a devandita materia.
3) Presentación da estrutura, os pasos a seguir e os contidos necesarios para a realización do traballo final da materia.
|