Descrición xeral |
Con este programa preténdese unha comprensión da diversidade das dinámicas culturais e as políticas patrimoniais. Establécese como obxectivo prioritario a formación na planificación social e na xénese de modelos de proxectos socioculturais e turísticos para unha posta en valor dos bens patrimoniais e culturais nunhas estratexias de desenvolvemento socioeconómico, tendo en conta a valoración dos procesos identitarios. Reflexiónase tamén sobre as tendencias e os retos culturais que emerxen na nosa sociedade.
Tentarase tamén aproximar ós alumnos e alumnas á Interpretación do Patrimonio como disciplina ou ferramenta axeitada para conferir ese uso social que debe ter o patrimonio, de xeito que este poda ser percibido, e que produza unha actitude positiva do público visitante con respecto ó recurso. A Interpretación poderíase definir, tal como o fai a Asociación para a Interpretación do Patrimonio como a arte de revelar in situ o patrimonio ó público visitante no seu tempo de ocio.
Polo tanto, esta materia tratará de dotar aos alumnos do coñecemento científico e da metodoloxía precisa para a análise dos bens patrimoniais e o turismo cultural, e o posterior desenvolvemento de políticas culturais e turísticas que leven a un maior coñecemento e conservación do patrimonio, a un incremento na satisfacción dos visitantes e a unha maior calidade de vida da poboación local.
Fontes multimedia elaboradas polos profesores (a disposición do alumnado en Moodle):
Presentacións en Power Point 1 e 2
Autor:José Leira
P1: Explicación xeral da materia
P2: Planificación e xestión de novos produtos e destinos turísticos de patrimonio
Presentacións en Power Point 3, 4, 5, 6,7
Autora:María Elvira Lezcano
P3: Introducción á Interpretación do Patrimonio: Definición, principios, público, medios
P4: Turismo e IP
P5: Medios para a IP
P6: Interpretación temática
P7: Planificación interpretativa
Ademáis, na plataforma Moodle, os profesores porán a disposición do alumnado unha serie de documentos en pdf para consulta voluntaria, de gran utilidade para complementar a materia ou o futuro profesional.
TRABALLOS
Os traballos propostos para esta materia, tal como se explica no apartado de avaliación, son dous. Un correspondente á parte do profesor Leira e outro á da profesora Lezcano.
Traballo do profesor Leira: consiste na lectura de catro breves textos propostos polo profesor, sobre os que os alumnos terán que facer unha recensión. Extensión máxima, 6 páxinas
Partes das que constará o traballo:
1-Breve resumo das lecturas
2-Comentario crítico final que relacione o contido dos textos coas posibilidades de deseñar un proxecto de desenvolvemento socioeconómico do territorio baseado nun turismo que se sinta atraido polos bens culturais e patrimoniais.
Traballo da profesora Lezcano: análise pormenorizada dun lugar no que se empregue a Interpretación do Patrimonio como ferramenta de xestión. Proponse o seguinte esquema, que se exporá dun xeito máis detallado na plataforma Moodle . Extensión máxima: 10 páxinas
Esquema do traballo:
1. Situación de partida. Breve explicación sobre o lugar visitado
2. Clasificación e análise de medios.
3. Especial atención á visita guiada.
4. Análise da mensaxe (tanto na exposición a nivel xeral, como na visita guiada)
5. Valoración global da exposición dende o punto de vista da IP
6. Conclusión final. Propostas de mellora.
|