Introdución á Socioloxía ten como obxectivo xeral introducir aos alumnos nos conceptos e fundamentos teóricos e empíricos que permiten o coñecemento científico das sociedades. A análise da realidade social, exercido dende a elaboración teórica e práctica da investigación sociolóxica fundaméntase na idea de explicar o mundo social que nos rodea e contribuír á mellora do modelo social no que vivimos. O obxectivo último é espertar nos alumnos o interese pola Socioloxía como ciencia social, proporcionarlles as ferramentas conceptuais que irán desenvolvendo durante a carreira e ofrecerlles unha visión de conxunto do que trata a disciplina.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías