Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía política
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicación por parte do profesor dos contidos teórico/prácticos xerais, más suliñables e necasarios para comprender a socioloxía política e para levar a cabo o traballo de investigación.
Lecturas Tanto para a realización do traballo teórico práctico, como para a parte de discusión e participación en clase son necesarias unha serie de lecturas, con especial referencia ó manual básico explicitado na bibliografía da asignatura
Discusión dirixida Trátase de levar a cabo debates nas clases sobre temas da realidade social política, requeríndose a participación e o interés do alumnado. Tanto na fase expositiva da asignatura como na parte de traballos titorizados ou da propia investigación a levar a cabo o debate, tanto particularizado como colectivo, se plantexa como unha ferramenta pedagóxica moi útil.
Nesta parte da asignatura tamén se procura fomentar o traballo e espírito de equipo, noutras palabras, desenvolver a chamada intelixencia social; de xeito que o alumnado poda ver por sí mesmo as ventaxes de xuncir esforzos, fronte á empresa individual. Para acadar isto, así como para o conxunto da asignatura, se presenta o contido referido á parte práctica, no que tamén resulta fundamentel a discusión dirixida, tanto nas clases como nas titorías.
Polo tanto, a asistencia e participación estímanse fundamentais no plantexamento da asignatura. Un dos obxectivos principais de calquera plantexamento didáctico debería conseguir a máxima implicación posible por parte do alumnado. E uns bos indicadores da mesma son, sen dúbida, a asistencia e a participación dos alumnos no desenvolvemento das clases, no ensino e na aprendizaxe. Por un lado, unha asistencia non coercitiva, senón acadada a traveso de despertar o interese e, polo tanto, o seguimento voluntario da asignatura. Asimesmo, a participación tamén supón un valor a fomentar e acadar no desenvolvemento destas clases, que os alumnos participen, ben facendo preguntas, debatindo, pedindo máis información, nas titorías, etc. En definitiva, estamos a falar da importancia que ten o traballo participativo do alumnado nas clases.
Estudo de casos Nas sesións maxistrais se traerán a colación casos e exemplos de situacións e circunstancias sociopolíticas que sexan de interese, sobre todo desde o punto de vista didáctico. Con elo se pretende lograr o interese por parte do alumnado, así como a súa participación. Ademáis, servirán de exemplo tamén para a aportación na parte empírica do traballo por parte do alumnado.
Traballos tutelados Para a elaboración do traballo de investigación, establécense partes, entregas e titorías específicas, de xeito que a parte práctica da asignatura consistirá básicamente no desenvolvmento destas titorías. Todo o alumnado deberá pasar por elas, tanto para ir conformando os contidos das diferentes partes da investigación principal como para facer as entregas das diferentes partes da mesma, segundo o calendario que se determine. Ditas partes son: proxecto, marco teórico, parte empírica, análises e conclusións. Esta partes entregaranse perante correo electrónico
Investigación (Proxecto de investigación) A asignatura consiste na demostración por parte do alumnado do que sabe facer, polo que o proxecto de investigación e o seu resultado constitúen o eixo central tanto do traballo a desenvolver como da avaliación da asignatura.
Trátase da elaboración dun traballo individual ou en equipo, que se concertará co profesor, dentro dunha relación amplia de temas posibles: poderá ser de carácter xeral ou específico sobre algún aspecto concreto da realidade sociopolítica do entorno ou a nivel global.
Este traballo deberá ser teórico práctico. É dicir, na parte teórica se explicitarán aqueles contidos vistos en clase e outros recopilados polo alumnado sobre a información existente sobre o tema escollido, para dominalo e que non se den repeticións nin erros. Mentras que a parte práctica ou empírica deberá reflictar a información primaria que aporta o alumno/a sobre o tema (ben perante técnicas de recollida de información, como son as enquisas, entrevistas, grupos de discusión, etc. ou ben perante a observación, experiencias ou outras aportacións).
O traballo entregarase en arquivo adxunto perante correo electrónico.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes