Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía política
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A3 A10 Tanto a asistencia, como o interese e a participación en clase serán avaliadas, así como a asunción e reflexo dos contidos explicitados no traballo de investigación 10
Traballos tutelados A8 B3 B13 C4 De cara ao proxecto a investigación final, establécense unha serie de fases ou etapas de traballos titelados, que deberán informarse ao profesor e entregarse dacordo ao calendario establecido a este efecto.
Estas fases e/ou partes son: proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións.
As entregas periódicas das diferentes fases e partes do traballo de investigación terán carácter obrigatorio e serán tidas en conta á hora de avaliar o seguimento e cumprimento de ditos prazos de entrega.
20
Discusión dirixida A8 B3 B13 B24 C4 En todo o proceso de desenvolvemento da asignatura, e sobre todo de cara a avaliar o interese e participación do alumnado, así como a súa contribución ao enriquecemento de contextos propicios de aprendizaxe, estudo e traballo. 10
Investigación (Proxecto de investigación) A8 B3 B13 B24 C4 É a proba ou contido principal da avaliación da asignatura e nel deberase reflectir os coñecementos impartidos nas sesións maxistrais, das lecturas así como da investigación propia (información primaria ou parte empírica) levada a cabo sobre o tema acordado co profesor e do que se deben facer entregas periódicas das súas diferentes partes (proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións), tal e como se recolle no apartado dos traballos titelados. 60
 
Observacións avaliación
Ao ser dous Grupos, cada Profesor complementará a metodoloxía de desenvolvemento e avaliación da asignatura.

Esta asignatura está plantexada para ser cursada presencial e participativamente, xa que a súa avalidación na convocatoria ordinaria pretende ser o máis integral posible (coñecementos teóricos adquiridos, traballo práctico ou habilidade técnica, interese, actitude, etc.). De ahí que a asistencia e a participación sexan tidas en conta á hora da avaliación.

A avaliación baséase sobre todo na elaboración dun traballo teórico-práctico. Sendo a participación, o interese mostrado e a asistencia ou outros pilares da asignatura.

O traballo poderá facerse individual ou colectivamente, avaliándose o mesmo en base ao número de autores, segundo á ponderación correspondente.

Entenderase por avaliación suficiente para superar a asignatura na súa primeira convocatoria ordinaria obter un 50% entre as metodoloxías descritas.

Esta avaliación é específica para a primeira convocatoria ordinaria da asignatura, é dicir, aquela constituida por unha avaliación continua.

Para o resto de convocatorias haberá unha proba escrita ou examen, no que ademáis dos contidos teóricos se inclúe un soposto de carácter práctico.

O traballo participativo so será válido para a primeira convocatoria e a súa correspondente avaliación continua.

Para o resto de convocatorias que non sexan á primeira ordinaria, non se gardan puntuacións nin traballos ou probas anteriores.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes