Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Política social e servizos sociais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A4 A14 A15 A17 A18 A21 A24 A26 B3 B5 B27 C4 C6 C8 De cara ao proxecto a investigación final, establécense unha serie de fases ou etapas de traballos titelados, que deberán informarse ao profesor e entregarse dacordo ao calendario establecido a este efecto.
Estas fases e/ou partes son: proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións.
As entregas periódicas das diferentes fases e partes do traballo de investigación terán carácter obrigatorio e serán tidas en conta á hora de avaliar o seguimento e cumprimento de ditos prazos de entrega.
20
Sesión maxistral A1 A4 A14 A15 A17 A18 A24 A26 B5 B12 B13 C4 C6 C8 As clases maxistrais serán avaliadas sobre todo perante o seu reflexo, en forma de contidos, tanto nos traballos titelados como na investigación final. Asemesmo, nas clases maxistrais tamén serán tidos en conta a asistencia, o interese e a participación en clase por parte do alumnado 20
Lecturas A1 A4 A15 A17 Ademáis dos contidos teóricos explicitados nas sesións maxistrais, así como os casos ou exemplos prácticos referidos nas mesmas, o alumnado deberá dotarse de información bibliográfica para completar a súa formación e, sobre todo, para levar a cabo o marco teórico do seu proxecto de investigación. 10
Discusión dirixida A1 A4 A18 A24 A36 B3 B4 B5 B11 B12 B13 B27 C4 C8 En todo o proceso de desenvolvemento da asignatura, e sobre todo de cara a avaliar o interese e participación do alumnado, así como a súa contribución ao enriquecemento de contextos propicios de aprendizaxe, estudo e traballo. 10
Investigación (Proxecto de investigación) A36 A32 A31 A30 A26 A24 A21 A19 A18 A17 A15 A14 A4 A1 B1 B3 B4 B5 B11 B12 B13 B14 B27 C4 C6 C8 O alumnado, de forma individual ou colectiva, realizará o traballo/proxecto de carácter teórico práctico, no que se prestará especial atención ás funcións e efectos das políticas sociais e servizos sociais.
Este traballo estará dirixido ou titelado polo profesor.
O alumnado deberá recoller no mesmo os coñecementos aprendidos, a información secundaria recabada, así como outra de carácter primario que sirva para o propósito da investigación a realizar.
Este traballo é a proba ou contido principal da avaliación da asignatura e nel deberase reflictir os coñecementos impartidos nas sesións maxistrais, das lecturas así como da investigación propia (información primaria ou parte empírica) levada a cabo sobre o tema acordado co profesor e do que se deben facer entregas periódicas das súas diferentes partes (proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións), tal e como se recolle no apartado dos traballos titelados.
40
 
Observacións avaliación
Esta asignatura está plantexada para ser cursada presencial e participativamente, xa que a súa avalidación na convocatoria ordinaria pretende ser o máis integral posible (coñecementos teóricos adquiridos, traballo práctico ou habilidade técnica, interese, actitude, etc.). De ahí que a asistencia e a participación sexan tidas en conta á hora da avaliación.

A avaliación baséase sobre todo na elaboración dun traballo teórico-práctico. Sendo a participación, o interese mostrado e a asistencia ou outros pilares da asignatura.

O traballo poderá ser individual ou colectivo, ponderándose a avaliación en base ao número de autores.

Entenderase por avaliación suficiente para superar a asignatura na súa primeira convocatoria ordinaria obter un 50% entre as metodoloxías descritas.

Esta avaliación é específica para a primeira convocatoria ordinaria da asignatura, é dicir, aquela constituida por unha avaliación continua.

Para o resto de convocatorias haberá unha proba escrita ou examen, no que ademáis dos contidos teóricos se inclúe un soposto de carácter práctico.

O traballo participativo so será válido para a primeira convocatoria e a súa correspondente avaliación continua.

Para o resto de convocatorias que non sexan á primeira ordinaria, non se gardan puntuacións nin traballos ou probas anteriores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes