Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Análise de políticas públicas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A24 Trátase dunha proba na que os alumnos haberán de responder por escrito unha serie de preguntas relacionadas cos contidos do temario da materia. 50
Sesión maxistral A24 Neste caso trátase de valorar a asistencia regular dos estudantes ás clases. 10
Traballos tutelados A17 A18 A32 B5 B21 B24 Cada estudante deberá presentar por escrito ao final do período lectivo da materia un breve traballo de investigación que conteña os resultados da análise da política pública seleccionada. 40
 
Observacións avaliación

Outros asuntos relevantes relacionados coa avaliación da materia son os seguintes.

1º) Para superar esta materia, tanto na convocatoria de xuño como na de xullo, é necesario alcanzar 5 puntos dos cales 2, como mínimo, han de obterse no exame.

2º) Aqueles estudantes que non superen a materia en xuño poden volver presentarse (ou presentarse por vez primeira) á convocatoria de xullo e entregar, se non o fixeron, o traballo correspondente, pero non poderán repetir o traballo entre ambas as convocatorias. Só se o estudante tampouco supera a materia en xullo, terá a oportunidade de repetir o traballo e presentalo o día da seguinte convocatoria á que se presente.

3º) As notas de traballos e asistencia gárdanse dunha convocatoria para outra.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes