Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Arquitecto
 Asignaturas
  Xardinería e Paixase
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A proba obxectiva consitirá nun examen para avaliar os coñecementos teóricos e prácticos do alumno na materia. Os contidos corresponderánse cos dos anos anteriores, descritos no apartado "Contidos" e recollidos na bibliografía seleccionada. 100
 
Observacións avaliación

A partires do curso 2014/2015 non existirá docencia nesta materia. Os seguintes criterios de avaliación, son os que corresponderon ao curso 2013/2014, que se incluen a modo de información:

O modo máis doado e desexable de superar a materia é por curso. Para elo e necesario asistir as clases e obradoiros e acadar a calidade mínima nos traballos segundo os criterios de avaliación enumerados anteriormente.
As prácticas semanais serán recollidas e avaliadas durante o curso, logo serán devoltas ao alumno para incluíla no portafolio final. Se o desexa, o alumno poderá modificar o exercicio co fin de mellorar a nota,. As prácticas ás que o alumno non asistira non serán avaliadas, aínda que sexan incluídas no portafolio. Para aprobar por curso, non se poderá faltar a máis do 10% das prácticas.

O traballo tutelado, que poderá estar integrado en exercicios doutras materias, será corrixido nas sesións de presentación oral e obradoiros de proxecto. O resultado final incluirase no portafolio do alumno a partir do cal será avaliado, sen prexuízo de que existan outras entregas parciais para un mellor seguimento.
Os alumnos que seguiran o curso e non acadaran o nivel mínimo esixido no seu portafolio final, poderán volver a entregalos o día do exame de xuño coas correccións e melloras pertinentes. Neste caso non será necesario que realicen o exame e serán avaliados novamente polo portafolio.
Os alumnos que non sigan o curso poderán presentarse aos exames finais sempre e cando entreguen un portafolio no que se inclúa o 100% das prácticas do curso. Neste caso non se avaliará o traballo tutelado. O exame final abarcará os temas introducidos no curso, pero en maior profundidade, considerando a bibliografía referida como de fonte de información necesaria para superar a proba. Os alumnos que non sigan o curso tan so poderán optar a un aprobado.
É moi recomendable, polo tanto, seguir o curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes