O alumno debe asistir as sesións maxistrais e presentar os traballos gráficos, maquetas e demais elementos propostos nos obradoiros co nivel exisido de calidade para superar a asignatura.
A asistencia e obrigatoria alo menos nun 80% das clases teóricas e prácticas, así como a os obradoiros compartidos. Sin ese requisito o alumno non poderá aprobar por curso a asignatura.
Para aprobar, o alumno dispoñerá de duas oportunidades: xuño e xullo. A primeira coincide coa data de entrega do último traballo, e capacitará ao alumno para aprobar por curso. O alumno que non supere esta primeira oportunidade poderá presentarse a unha segunda, que consistirá nunha proba práctica no mes de xullo.
A entrega menor do 80% das prácticas supoñerá que non se seguiu o curso, e implica unha calificación de "Non Presentado" nas dúas oportunidades de avaliación, por tanto o alumno terá que repetir a asignatura por completo.
É imprescindible entregar as prácticas específicas da materia, incluídas as coordinadas no Obradoiro do cuarto cuadrimestre con Proxectos 4 e Urbanismo 1, para superar cada unha das materias que compoñen o Obradoiro conxunto. Éste terá un peso do 20% da cualificación final do alumno.
Os alumnos que non presenten -total ou parcialmente-, as prácticas exisidas no Obradoiro compartido serán calificados con un Non Presentado en todas as materias que componen ese Obradoiro.
Os alumnos que non superen a materia de Proxectos nas dúas oportunidades, deberán asistir a o Obradoiro compartido o ano seguinte. Nese caso, realizarán os traballos das materias que non superaran no Obradoiro do curso previo.
Os alumnos que tendo superada a materia de Proxectos, non superasen alguna das outras materias integradas no Obradoiro, terán que presentar en consecutivas convocatorias, novamente, e cas correccions oportunas, os traballos propostos no Obradoiro no que participaron.
Os alumnos matriculados con posterioridade a o inicio do curso académico deberán asistir as clases teóricas e prácticas dende a data da sua matrícula, coa posibilidade de recuperación das prácticas realizadas hasta esa data.
MOVILIDADE: A docencia a alumnos de programas de movilidade adaptarase a condicions pedagóxicas e de traballos tutelados especiais, así como as probas e exámenes de avaliación.