Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura
 Asignaturas
  Proxectos 9
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva Os coñecementos instrumentais contidos no temario de docencia expositiva do curso serán avaliados mediante unha proba obxetiva 20
Portafolios do alumno O resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolios persoal do alumno , dispoñible e accesible a traves da ferramenta informática para a docencia de Moodle.
Avalíanse os resultados , pero a través dun proceso docente tutelado e guiado , onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer refletidos na documentación final.
80
 
Observacións avaliación

Para poder superar a materia será necesario cumprir os seguintes requisitos :


1º Entregar todolos traballos propostos nos prazos e formas indicados na materia .


2º Asistir regularmente a clases e a o Taller . Esixirase unha asistencia mínima do 80%.


Terá a condición de NON PRESENTADO o/a alumno/a que se atope nalgunha das seguintes circunstancias :


1º Non cumpla a asistencia esixida as clases e ao Taller.


2º Non entregue  os traballos propostos en forma e prazo ,ou os entregue incompletos .Consideraranse incompletos aqueles traballos que non conteñan a documentación requerida en todalas asignaturas que compoñen o Taller.


3º Non asista a proba obxetiva.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes