Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Xeometría Descritiva
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar o proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral Na que se expoñen as bases do coñecemento da materia que se especifican nos contidos. Nestas clases os alumnos teñen unha aptitude receptiva seguindo as explicacións co soporte de debuxos na lousa, proxeccións en pantalla e sistemas informáticos (TICs). O alumno tomará apuntamentos e formulará preguntas sobre os temas expostos. Ten por obxecto desenvolver os temas, proporcionando tanto os conceptos coma as ferramentas necesarias para a súa comprensión dende unha perspectiva na que a arquitectura se encontra sempre presente.
Obradoiro É aquí onde o alumno participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de valorar, responder e experimentar todos os coñecementos expostos nas sesiónes maxistrais, ás que deben adecuarse. Formúlanse dous tipos de exercicios:
1.- Prácticas de debuxo sobre taboleiro cunha dedicación dunha sesión por práctica.
2.- Prácticas especiais como control do proceso de aprendizaxe do alumno.

Elíxense para o desenvolvemento destas prácticas gráficas, modelos arquitectónicos de prestixiosos arquitectos ou elementos que se consideren axeitados, cuxos procesos de formalización sexan claros e definibles, co obxecto de que o alumno vaia formando unha cultura arquitectónica.
Todos os exercicios son obrigatorios
Traballos tutelados Neste tipo de traballos promóvese a aprendizaxe autónoma do estudante baixo a supervisión do profesor titor. Consisten en Prácticas gráficas tuteladas a desenvolver polo alumno de xeito autónomo, en correspondencia cos conceptos teóricos expostos nas sesións maxistrais. O seu seguimento realizarase en horas de tutorías y/o en clase.

Non se cualificará ningún traballo tutelado ao que non se lle realizase o seguimento e control oportuno.

Estes traballos son de carácter obrigatorio e imprescindibles para aprobar por curso e/ou para presentarse á primeira ou segunda oportunidade
Proba práctica Realizarase unha proba final para todos aqueles alumnos que a pesar de seguir o curso non alcanzasen a cualificación de aprobado, superando a materia por curso.
Poderá constar de contidos de caracter teórico e práctico.
Aprendizaxe colaborativa Formularanse traballos individuáis ou en grupo, que os alumnos deberán desenvolver en CAD.

As horas presenciais correspondentes a esta metodoloxía dedicaranse á formulación do traballo, a unha serie de clases teóricas, e ao seguimento colectivo e/ou personalizado de dito/s traballo/s proposto/s.

Esta metodoloxía referida prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas" para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes