Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Xeometría Descritiva
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A3 A4 A5 A6 A10 Na que se expoñen as bases do coñecemento da materia que se especifican nos contidos. Nestas clases os alumnos teñen unha aptitude receptiva seguindo as explicacións co soporte de debuxos na lousa, proxeccións en pantalla e sistemas informáticos (TICs). O alumno tomará apuntamentos e formulará preguntas sobre os temas expostos. Ten por obxecto desenvolver os temas, proporcionando tanto os conceptos coma as ferramentas necesarias para a súa comprensión dende unha perspectiva na que a arquitectura se encontra sempre presente. 0
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 A63 B1 B4 B5 B12 C3 C4 C5 C6 C7 É aquí onde o alumno participa activamente no proceso de aprendizaxe, enfrontándose á necesidade de valorar, responder e experimentar todos os coñecementos expostos nas sesiónes maxistrais, ás que deben adecuarse. Formúlanse dous tipos de exercicios:
1.- Prácticas de debuxo sobre taboleiro cunha dedicación dunha sesión por práctica.
2.- Prácticas especiais como control do proceso de aprendizaxe do alumno.

Elíxense para o desenvolvemento destas prácticas gráficas, modelos arquitectónicos de prestixiosos arquitectos ou elementos que se consideren axeitados, cuxos procesos de formalización sexan claros e definibles, co obxecto de que o alumno vaia formando unha cultura arquitectónica.

Todos os exercicios son obrigatorios
60
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 A63 B4 B5 B12 C1 C2 C3 C6 C7 C8 Neste tipo de traballos promóvese a aprendizaxe autónoma do estudante baixo a supervisión do profesor titor. Consisten en Prácticas gráficas tuteladas a desenvolver polo alumno de xeito autónomo, en correspondencia cos conceptos teóricos expostos nas sesións maxistrais. O seu seguimento realizarase en horas de tutorías y/o en clase. Será obrigatorio asistir, polo menos, a unha titoría por traballo tutelado.

Non se cualificará ningún traballo tutelado ao que non se lle realizase o seguimento e control oportuno.

Estes traballos son de carácter obrigatorio e imprescindibles para aprobar por curso e/ou para presentarse á primeira ou segunda oportunidade.
30
Proba práctica A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 B4 B5 B12 C6 C7 Realizarase unha proba final para todos aqueles alumnos que a pesar de seguir o curso non alcanzasen a cualificación de aprobado, superando a materia por curso.

Poderá constar de contidos de caracter teórico e práctico

PRIMEIRA OPORTUNIDADE (XANEIRO)
Unicamente realizarana os alumnos que despois de seguir a materia coas condicións seguintes:
- 80% asistencia e entrega de todas as prácticas semanais.
- Entrega dos traballos tutelados.
non alcanzen a cualificación de 5 no curso. Ou ben que a súa media de practicas especiais sexa inferior a 5.

SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO)
Débense cumprir as mesmas condicións fixadas para presentarse á primeira oportunidade.

A cualificación mínima da proba obxectiva para superar a materia será de 5 puntos sobre 10.
0
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 B1 B4 B5 B12 C8 C7 C6 C5 C4 C3 C1 Formularanse traballos en grupo que os alumnos deberán desenvolver en CAD e TICS.

As horas presenciais correspondentes a esta metodoloxía dedicaranse á formulación do traballo, a unha serie de clases teóricas, e ao seguimento colectivo e/ou personalizado de dito/s traballo/s proposto/s.
10
 
Observacións avaliación
Para superar a materia na 1ª oportunidade e/ou 2ª oportunidade é requisito imprescindible que os alumnos realizasen todos os traballos e prácticas do curso.


ALUMNOS CON MATRÍCULA FORMALIZADA CON POSTERIORIDADE A o INICIO DO CURSO ACADÉMICO (Setembro): Permitirase a participación na primeira oportunidade. Contarase o 80% da asistencia dende a data de matrícula, e facilitarase a recuperación das prácticas e traballos realizados con anterioridade necesarios para a avaliación final.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes