Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Inglés II
   Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Controlar as boas prácticas de seguridade e saúde no traballo.
A5 Interpretación, análise e aplicación práctica dos fundamentos e Institucións de Dereito e Economía para administrar, xestionar e explotar o buque, a empresa marítima, o negocio marítimo e transporte, e a empresa náutico-deportiva.
A10 Redactar e interpretar documentación técnica e publicacións náuticas.
A11 Empregar o inglés, falado e escrito, aplicado á navegación e ao negocio marítimo.
A13 Coñecer o funcionamento e alcance do seguro marítimo no ámbito nacional e internacional.
A15 Realizar unha garda de navegación segura.
A17 Adoptar as medidas axeitadas en casos de emerxencias.
A18 Responder a sinais de socorro no mar.
A19 Utilizar as frases normalizadas da OMI para as comunicacións marítimas, e emprego do inglés falado e escrito.
A20 Transmitir e recibir información mediante todo tipo de sinais.
A27 Controlar o cumprimento das prescricións lexislativas.
A29 Responder correctamente ás diferentes situacións de emerxencia.
A35 Organizar e dirixir a tripulación.
A37 Usar correctamente os diferentes aparatos de navegación e radiocomunicacións.
A38 Ser capaz de identificar, analizar e aplicar os coñecementos adquiridos nas distintas materias do Grao, a unha situación determinada formulando a solución técnica máis axeitada dende o punto de vista económico, ambiental e de seguridade.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
B5 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B6 Traballar de forma colaboradora.
B7 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Aprender en ámbitos de teleformación.
B10 Versatilidade.
B11 Capacidade de adaptación a novas situacións.
B13 Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica.
B14 Capacidade de análise e síntese.
B16 Organizar, planificar e resolver problemas.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes