Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Fundamentos de Programación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A13 A16 A53 B2 B4 B8 C10 C13 Esta será a metodoloxía utilizada durante o curso para realizar a avaliación continua do alumnado. Semanalmente o profesor prantexará diferentes problemas que o alumno terá que resolver aplicando os conceptos do temario tratados nesa semana. 40
Proba obxectiva B2 B4 B8 C9 C10 C11 C12 C13 Ao final do cuadrimestre se realizará unha proba consistente na resposta a preguntas teóricas e a resolución de exercicios do mesmo tipo que os prantexados nas sesións de problemas durante o cuadrimestre. 60
 
Observacións avaliación
O alumno ten dúas posibilidades de avaliación:

1. A avaliación continua. Mediante esta via, o alumno ten a posibilidade de obter ata un 40% da nota final mediante a solución dos problemas prantexados semanalmente durante o cuadrimestre. O 60% restante virá da nota que obteña na proba obxectiva. A nota que o alumno obteña na avaliación continua só se terá en conta se supera un mínimo de problemas correctamente solucionados. Ademais, no caso de superar ese mínimo, esta nota gardarase para o exame da convocatoria de xullo.

2.A avaliación mediante proba obxectiva. Esta via se aplicará cando o alumno non opte á posibilidade da avaliación continua. Neste caso o 100% da nota virá da proba obxectiva e non se garda nenguna nota para a convocatoria de xullo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes