De conformidade coas orientacións establecidas pola Facultade e os criterios de coordinación acordados para a área,
- As oportunidades de Xuño e Xullo avaliaranse calculando unha media entre os resultados da avaliación continua e da proba final, ponderados ó 50%
- Oportunidade adiantada: avaliarase en función do resultado dunha proba mixta comprensiva de tódolos contidos e competencias propios da materia,de acordo coa guía do curso inmediatamente anterior
Tódalas probas deberán realizarse nas datas e horas sinaladas atal efecto polos profesores ou, cando proceda, polos órganos da Facultade, agás nos supostos que no seu caso prevea a normativa académica; de non se realizar, cualificaranse como cero a efecto de calcula-la cualificación final.
De conformidade coa normativa da Facultade, cualificarase como "non presentado" exclusivamente ós alumnos que desenvolvan tarefas que ponderen menos dun 20% na avaliación xeral do curso, con independencia da cualificación acadada.
Durante as aulas, salvo autorización expresa por parte dos profesores, os móbiles, ordenadores e aparellos electrónicos similares permanecerán en todo momento fóra da vista; durante os exames deberán ademais estar apagados. O incumprimento destas normas ou o uso indebido destes aparellos serán causas de expulsión da aula ou dos exames, e neste último caso terán ainterpretación de fraude.
A comisión de fraude poderá implicar que o alumno deba examinarse de forma oral ante un Tribunal composto polo equipo docente damateria, sen perxuizo doutras consecuencias académicas que se poidan derivar.