Lecturas |
A profesora propoñerá ao inicio de curso un conxunto de lecturas obrigatorias, complemento da materia explicada nas clases maxistrais, que servirá ademais para a elaboración dos traballos obrigatorios de curso |
Traballos tutelados |
Os estudantes deberán realizar durante o curso un traballo individual /equipo (a organización dependerá do número de estudantes matriculados na materia). O traballo desenvolverase nas seguintes fases:
1) A profesora da materia presentará un listado de traballos o primeiro día de curso entre os que poderán elixir os estudantes ata o 30 de setembro de 2014.
2) Unha vez configurado o equipo e elixido o tema, a profesora asignaralles fontes bibliográficas e cuantativas para poder realizar este.
3) Os estudantes deberán de entregar por escrito antes do 31 de outubro de 2014 un índice do traballo e os principais obxectivos deste. Os estudantes presentarán en clase para a súa discusión esta primeira formulación do traballo
4) O traballo definitivo entregarase por escrito antes do 28 de novembro de 2014 ás 14 horas.
O traballo poderá ter unha extensión máxima de 10 páxinas (letra Arial 12, interlineado 1,5, marxes 2,5) e cumprirá o formato do equipo dos TFG.
|
Presentación oral |
Os traballos realizados durante o curso (apartado anterior) serán presentados por todos os membros de cada equipo en horario de clase durante o mes de decembro de 2014. Con este fin utilizarase unha presentación de power point (ou outro programa similar) que recolla os obxectivos, principais puntos analizados (con apoio de datos cuantitativos) e conclusións obtidas do traballo
|
Sesión maxistral |
Nestas sesións a profesora impartirá as pautas clave de cada un dos puntos incluídos no temario da materia. Esta materia debe ser preparada co traballo persoal do estudante e coa axuda dos restantes instrumentos bibliográficos e cuantitativos que ofrece o curso |