Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  NUTRICIÓN E FISIOTERAPIA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A3 A11 A12 Valorarase a asistencia, a puntualidade, a actitude e a colaboración cos compañeiros, así como a contribución a un clima adecuado durante a clase.
Os coñecementos adquiridos nas prácticas de laboratorio avaliaranse mediante preguntas incluidas na proba escrita no caso do alumnado que se avalíe deste xeito, e a través do estudo de casos non caso do alumnado que se avalíe de xeito continuado.
0
Estudo de casos A1 A3 A11 A12 B2 B6 B7 B9 B19 C1 Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
As prácticas de laboratorio e parte das interactivas serán avaliadas deste xeito.
10
Presentación oral C1 C3 O alumnado terá que realizar como mínimo unha presentación oral en clase, para expoñer os resultados do traballo tutelado que realice durante o curso. 10
Traballos tutelados A1 A3 A11 A12 B2 B6 B7 B9 B11 B15 B19 C1 C3 O alumnado realizará un traballo de revisión bibliográfica, en principio individual, sobre un tema proposto en clase. O traballo contará coa titorización da profesora para a súa elaboración, destinando tempo presencial das horas de docencia interactiva para a adquisición das destrezas precisas para poder levalo a cabo. O traballo comporáse como mínimo dunha introducción, un apartado de material e métodos, resultados, discusión, conclusións e bibliografía. 55
Análise de fontes documentais B11 B15 C1 C3 Elaborarase un pequeno comentario crítico que conteña os elementos máis relevantes que o alumno extrae da análise de documentos audiovisuais (documentais) ou textuais. 15
Proba obxectiva A1 A3 A11 A12 B2 B11 B15 Proba escrita tipo test cunha soa resposta válida, onde descontarán as respostas incorrectas. Esta proba soamente se aplicará naqueles casos nos que a avaliación contínua do alumnado, composta polas notas dos traballos que se lle irán requerindo ao longo do curso e un mínimo de asistencia e participación na clase, non supere a nota mínima dun cinco (5.0).
Neste caso, a proba obxectiva consituirá o 80% á que haberá que sumar un 20% do traballo tutelado.
0
Sesión maxistral A1 A3 B2 B11 B15 B19 Valorarase a asistencia activa, a puntualidade, a actitude proactiva e a colaboración cos compañeiros, así como a contribución a un clima adecuado de aprendizaxe durante a clase. Aleatoriamente, solicitaráse do alumnado que asista una pequeña síntese dunhas liñas sobre os puntos máis importantes expostos en clase. 10
 
Observacións avaliación

A avaliación será de tipo continuado e a través de traballos de clase, sempre que estes superen os mínimos requerimentos (superen un 5 na avaliación dos mesmos)que se plantexen. De non cumprir estes requerimentos, comunicaráselle ao alumnado afectado este non cumprimento a mediados de decembro e a necesidade de ser avaliado mediante proba obxectiva.

O traballo tutelado será o 55% da nota final.

A análise de fontes documentais será o 15% da nota final.

A presentación oral será o 10% da nota final. 

A avaliación contínua será o outro 20%,  que incluirá o traballo e actividades a realizar durante a docencia práctica, a interactiva e nas sesións maxistrais.

Esíxese un mínimo do 80% de asistencia a clase para poder optar á avaliación contínua e a través dos traballos. De non cumplirse, a proba escrita contará o 80% da nota final, xunto co 20% da nota do traballo tutelado.


A planificación das entregas do/s traballo/s escrito/s será comunicada ao longo das 2 primeiras semanas de clase.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes