Mestrado Universitario en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa
Descriptors
Cycle
Period
Year
Type
Credits
Official Master's Degree
2nd four-month period
First
Optativa
3
Language
Spanish
Galician
Teaching method
Face-to-face
Prerequisites
Department
Pedagoxía e Didáctica
Coordinador
Digon Regueiro, Alba Patricia
E-mail
patricia.digon@udc.es
Lecturers
Digon Regueiro, Alba Patricia
E-mail
patricia.digon@udc.es
Web
General description
A finalidade do título Master Universitario en “Innovación, Orientación e Avaliación Educativa” é a adquisición por parte do estudiante dunha formación
avanzada de carácter especializado e multidisciplinar no campo da Innovación,
Orientación e Avaliación educativa, encamiñada a súa especialización académica e
científica e a promover a iniciación en tarefas investigadoras. Preténdese formar profesionais e investigadores cunha visión crítica e proactiva, que conten cos elementos
teóricos, metodolóxicos e tecnolóxicos necesarios para deseñar, avaliar e liderar alternativas educativas innovadoras.
A asignatura A educación dos medios de comunicación na sociedade multipantalla aporta aos estudios deste máster a necesaria formación académico/investigadora no campo da educación mediática para aqueles estudiantes que queran seguir a súa carreira académica e profesional neste ámbito. A educación mediatica non só é un área de estudio de especial relevancia na sociedade actual, a cal é definida como sociedade da información e sociedade multipantalla, senon que é un área fundamental na formación de toda aquela persoa interesada na investigación e a innovación educativa. Todo profesional e investigador no ámbito educativo debe coñecer o papel dos medios de comunicación na sociedade actual e na educación; debe ademais ser capaz de analizar de forma crítica os produtos mediáticos tendo en conta todos os aspectos relacionados coa súa producción, distribución e recepción; debe tamén ser capaz de levar a cabo procesos de produccion, participación crítica e creación propia de productos mediáticos; e debe finalmente ser capaz de contribuir ao avance da investigación e aplicación nos campos de acción educativa dunha adecuada educación en medios de comunicación.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.