Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
 Asignaturas
  Modelos de xestión de calidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A4 B7 B10 B11 B15 B16 B17 B18 É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc. 100
 
Observacións avaliación

O portafolio do alumnado deberá constar de:

  • Reflexión persoal acerca dos contidos desenvolvidos: qué aprendín, que sei facer agora,...
  • Reflexión persoal acerca das competencias adquiridas con respecto ás indicadas na Guía Docente (da materia).
  • Valoración persoal con respecto á práctica profesional:
    aplicacións prácticas dos contidos ao ámbito socioeducativo, qué aprendín para o meu futuro profesional,...
  • Apreciacións persoais sobre as titorías realizadas.
  • Análise das prácticas realizadas. Deberá incorporar neste apartado os resultados seguintes:
  1. - Elaborar unha proposta reflexiva e
    comparativa dos modelos de xestión.
  2. - Identificar os criterios do Modelo EFQM e
    aplicar a matriz REDER para a súa avaliación.
  3. - Elaborar unha carta de servizos.
  • Valoración da temporalización da materia.
  • Outros aspectos: materiais elaborados a maiores polo alumnado co
    fin de completar os contidos, referencias bibliográficas ou webs consultadas,...


O prazo máximo de entrega será aos 15 días de finalizar as clases. 

A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios que tamén serán tidos en conta polo profesorado. 

O
alumnado que teña un 20% de faltas de asistencia considerarase non asistente e deberá presentar as seguintes prácticas obrigatoriamente
(que deberán ser avaliadas como aptas) e realizar unha proba escrita da totalidade dos contidos fixados na guía docente da materia.

  • Elaborar unha proposta reflexiva e comparativa dos modelos de xestión.
  • Identificar os criterios do Modelo EFQM e aplicar a matriz REDER para a súa avaliación.
  • Elaborar unha carta de servizos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes