Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 B1 B5 C7 É unha carpeta ou arquivador de cada grupo de traballo, ordenado por temas, que contén as actividades prácticas de aprendizaxe realizadas polo alumnado da materia.
Este portafolios que integra as metodoloxías de aprendizaxe cooperativo, traballos tutelados, estudo de casos e análise de fontes documentais será o material que se contemple na avaliación.
O traballo ou actividades prácticas de cada un dos temas serán subidos á plataforma virtural Moodle da UDC.
40
Traballos tutelados A5 A6 B1 Trátase de estudar algunhas das variábeis ou factores da aprendizaxe escolar e elaborar informes/artigos en base a busca e análise de documentación científica e datos. Estes traballos faranse en grupos non superiores a catro persoas. 0
Aprendizaxe colaborativa B5 B24 C4 Traballo en grupos de catro persoas que consiste na realización de actividades a facer na aula e fóra dela para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. 0
Análise de fontes documentais B11 C6 Busca de fontes documentais para descubrir os contidos propios e específicos da disciplina e o currículo da educación infantil. 0
Proba de ensaio A1 Proba de carácter individual para verificar o grao de adquisición das competencias do "saber" e "saber facer". 60
 
Observacións avaliación

1ª CONVOCATORIA. Dependendo
da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas modalidades de
seguir a materia de “Psicoloxía da Aprendizaxe en Contextos Educativos” que
determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A: Avaliación
Continua e Modalidade B de Avaliación Final 


Modalidade A:
Avaliación Continua. Nesta modalidade levarase a cabo unha avaliación
de tipo procesual consistente na realización dunha serie de actividades e
prácticas de cada tema realizadas en grupo co seguimento periódico das
mesmas. Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o
85% das horas presenciais, é dicir, só se poderá faltar un máximo de 4
módulos no cuadrimestre, en caso contrario deberase optar pola
modalidade B), sendo imprescindíbel ademais a participación activa e
continuada por parte do alumnado no grupo de traballo na aula (no caso
de non ser así contabilizarase como unha ausencia).

Esta avaliación
levarase a cabo a partir:

a/ Da exposición oral e presentación escrita das actividades prácticas grupais de cada un dos temas que suporán un máximo dun 40% da cualificación 

b/
A proba de ensaio individual sobre os contidos teórico-prácticos da
materia. Isto representa como máximo un 60% da cualificación.

Para
superar satisfactoriamente a materia será necesario realizar todas as
actividades prácticas propostas para cada tema  e a proba de ensaio individual, acadando en cada unha das partes un 50% da cualificación e participar no
traballo non presencial como mínimo nun 85% das horas traballadas.

A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas
en cada un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo. No
caso de non superar algunha das partes obrigatorias, a nota final será a nota da parte non superada.


Modalidade B:
Avaliación Final. Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas
presenciais, a nota final virá determinada por unha proba final escrita
dos contidos teórico-prácticos da materia. A data para esta proba será a
fixada polo Centro.

OUTRAS CONVOCATORIAS Nas restantes convocatorios seguirase a Modalidade B anterior, isto é proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso académico correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes