Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Didáctica da lingua galega
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Saídas de campo A19 A23 A48 A59 A60 A62 A63 B4 B5 B6 B8 B15 B19 B22 B23 B24 Actividade que se realizará en grupo nunha aula de Educación Infantil, en que se incluirá un conto contado, unha asemblea e un xogo de linguaxe. A práctica gravarase en vídeo para a súa posterior presentación na clase e debate co resto dos grupos. 25
Traballos tutelados A19 A23 A48 A59 A60 A62 A63 B6 B8 B15 B23 B24 Traballo en grupo de reflexión sobre o proceso de preparación e posta en práctica da saída de campo, que incluirá unha proposta de mellora. Valorarase a capacidade de observación e de autocrítica, así como a integración dos coñecementos adquiridos no conxunto da materia. Terase especialmente en conta a claridade expositiva e a corrección expresiva. 25
Proba de ensaio A4 A13 A31 A42 A44 A45 A46 A47 A50 A51 A62 B3 B9 B10 B11 B12 B17 B19 B22 C1 Proba consistente en preguntas de certa amplitude, en que se valora o coñecemento dos contidos, a capacidade de razoamento e o espírito crítico, así como a claridade expositiva e a corrección expresiva. 50
 
Observacións avaliación

O alumnado debe ser capaz de se expresar correctamente en lingua galega,
tanto oralmente como por escrito. O dominio destas destrezas é
preceptivo para aprobar a materia.

Estabelécense dúas modalidades de avaliación:

1. Para as persoas que formen grupo (constituído por un mínimo de catro persoas) e asistan regularmente ás clases:

  • dúas tarefas colaborativas: a saída de campo (25% da cualificación) e o traballo tutelado (25% da cualificación);
  • unha tarefa individual: unha proba de ensaio breve (50% da cualificación).

Para superar a materia é preciso ter aprobadas todas as probas. As persoas que concorran á oportunidade de xullo só repetirán as partes suspensas.

O traballo colaborativo é fundamental nesta modalidade de avaliación, polo que se realizará un seguimento da asistencia do alumnado ás sesións interactivas.

2. Para as persoas que non formen grupo ou non asistan regularmente ás clases:

  • unha única tarefa individual: unha proba de ensaio extensa (100% da cualificación).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes