Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A61 A64 B5 C6 C7 Leituras de textos e libros relacionados coa temática da materia. 10
Discusión dirixida A23 A65 C4 Debates na clase acerca dunha determinada temática vinculada coa asignatura. 5
Investigación (Proxecto de investigación) A10 A17 A18 A68 B16 B17 B20 Realización dunha investigación en grupo sobre temas relacionados coa Socioloxía da Educación. 15
Presentación oral A11 B23 B25 Presentacións dos traballos realizados ou de comentarios de textos asignados, ao igual que de debates nos que sexa necesario articular unha posición por parte do alumnado. 5
Proba mixta B19 Trátase dun exame dos contidos da parte expositiva da materia. É necesario lograr un 5 para superar esta sección da materia, e que poida facer media coa avaliación dos contidos prácticos. 50
Traballos tutelados A7 A9 A19 B6 As sucesivas tarefas que as profesoras no proceso de avaliación continua vaian consignando ao alumnado, e que conten coa dirección e apoio das docentes responsables. 15
 
Observacións avaliación

A materia consta dunha parte teórica e outra práctica.

a) A parte teórica desenvolvida pola profesora en clase e/ou indicada no material bibliográfico que se facilita avaliarase a través dun exame que será puntuado sobre 10. Para aprobar esta parte é necesario obter, polo menos, unha puntuación de 5.

b) A parte práctica constará de diversas actividades (traballos en grupo e individuais, exposicións orais na aula e outros traballos de carácter práctico). Para aprobar esta parte é necesario realizar todos e cada un dos traballos cumprindo coas condicións e datas de entrega indicadas pola profesora e obter unha nota media igual ou superior a 5 puntos.

c) A distribución da nota final da materia farase da seguinte maneira: 50% parte teórica, 40 % parte práctica e 10 % asistencia e participación en clase.

d) Para a obtención da cualificación final, será necesario ter aprobadas tanto a teoría como a práctica. Unha vez superadas ambas, obterase a nota media.

 

Dado o desenvolvemento presencial da materia, será necesaria a asistencia a un mínimo do 80 por cento das sesións (teóricas e prácticas) de face a permitir un adecuado seguimento e a avaliación continua do alumnado.

Os/As alumnos/as que asistisen a menos do 80% das clases deberán acudir a unha tutoría coa profesora e terán que presentarse a un exame específico debido ás súas circunstancias especiais. Neste caso, o sistema de avaliación consistirá nun exame sobre a materia, sen que se engadan outros traballos ou actividades prácticas á avaliación final.

 

Dentro dos criterios de avaliación da modalidade de avaliación continua considérase especialmente importante:

a) Os traballos e prácticas realizados e presentados durante o curso: Valorarase os exercicios prácticos tanto na súa presentación como no seu contido (a comprensión do tema, a organización expositiva e a aplicación da perspectiva sociolóxica ao redor dos fenómenos sociais e textos propostos para análises)

b) Exame final da materia: Valorarase a comprensión e coñecemento dos contidos da materia traballados durante o curso. Tamén se terán moi en conta a correcta expresión e o acertado uso da ortografía.

c) A asistencia e participación nas clases e nas actividades prácticas propostas durante o curso: Valorarase positivamente o interese que o alumno mostre na marcha da materia, nas súas dúas perspectivas (teórica e práctica); o interese apreciado repercutirá na cualificación final.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes