Esta materia redáctase pensando no alumnado das diferentes disciplinas da intervención social (traballo social, servizos sociais, animación socio-cultural,...) que deberán realizar avaliacións sistemáticas, ofrecéndolles unha formación teórica-metodolóxica específica no campo da avaliación.
Esta materia ha de axudar ao alumnado na iniciación e na realización de avaliacións sistemáticas de diferentes programas de intervención social.
Así, presentaranse os fundamentos metodolóxicos e os procedementos operativos da investigación avaliativa de tal forma que se consiga que os futuros profesionais introduzan elementos de avaliación no seu propio quefacer profesional.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías