Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Socioloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Motivarase a participación dos alumnos, mediante preguntas ou a presentación de recensións bibliográficas.
Prácticas a través de TIC Sesións prácticas nas que os alumnos deben utilizar as bases de datos estatísticos dos principais organismos nacionais, que ofrecen información sobre o estado da poboación, da súa saúde e da prestación de servizos.
Utilización de paquetes informáticos para realizar análises e construír indicadores cuantitativos.
Elaboración de táboas sínteses e de gráficos de evolución.
Análise dos resultados.
Lecturas Bibliografía básica recomendada.
Lecturas específicas de cada tema recomendadas en clase.
Presentación e defensa, en clase, dunha das lecturas.
Portafolios do alumno Resultados dos exercicios prácticos no laboratorio.
Tratamento dos datos obtidos.
Táboas e gráficos de sínteses da evolución de caso estudado.
Descrición da situación do tema.
Conclusións.
Proba obxectiva Exame correspondente ás convocatorias oficiais coa totalidade do temario.
A este exame deberanse presentar os alumnos non asistentes a clase e non avaliados a través do seu portafolio.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes