Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Arquitecto Técnico en Execución de Obras
 Asignaturas
  Construcións Tradicionais Galegas
   Contidos
Temas Subtemas
1. INTRODUCCIÓN. Tema. 1.- Introducción. Conceptos básicos. Bibliografía básica. Sinais de identidade das construccións tradicionais. As construccións tradicionais galegas como parte integrante da cultura popular en Galicia.

Tema. 2.- Condicionamentos das construccións tradicionais. A tecnoloxía e os materiais. O clima, o marco socio-cultural e o económico.

Tema. 3.- O medio físico. Xeoloxía (as rochas), Topografía (formas e relevos principais do terreo, orientación), Solos (textura), Hidroloxía (correntes fluviais), Clima. O medio humano. A poboación.
2. ORDENACION DO TERRITORIO. Tema. 4.- Organización do espacio. Transformación do territorio pola acción do home. Os asentamentos. Tipos de asentamentos (Niemayer, Bohuier, Fariña Toxo). A aldea, o lugar, a parroquia, os municipios, a comarca. As cidades.

Tema. 5.- A paisaxe agrícola. Formas de organización dos terreos de cultivos (socalcos, campos pechados, agras, campos abertos). Deslinde de fincas (sebes vivas, cómaros, valos de pedra). Rede viaria.

Tema. 6.- O hábitat. Concentración e dispersión. A distribución da poboación. Os asentamentos rurais.
3. A CONSTRUCCION E OS SEUS ELEMENTOS. Tema. 7.- Os materiais. A pedra: os xistos, pizarra, gneis e o granito. A madeira: o carballo e o castaño. Zonas de utilización. Outros materiais.

Tema. 8.- As cubertas. Estructura susténtante da madeira. Materiais de cubrición: vexetais, pedra, tella.Outros elementos definitorios da cuberta: aleiros, capiado, remates de pedra ou cerámica, chimeneas. Volumetría.

Tema. 9.- Os cimentos. Os muros. Aparellos: de cachotes, de cantería, de perpiaño. O pallabarro. Os
vanos: portas, fiestras e bufarros. Revestimentos. Decoración. Ferraxes. Espacios exteriores da vivenda. As escaleiras. O patín, o corredor e a solaina.

Tema. 10.- A distribución interior. A vivenda de planta rectangular terrea e os seus espacios. A vivenda de dúas plantas con acceso exterior e interior e os seus espacios. O sobrado: a súa orixe. A lareira. O forno. As cortes, a sala e os dormitorios. Outras dependencias.

Tema. 11.- Evolución histórica das construccións tradicionais. As vivendas dos castros, as "villas"
romanas, a vivenda de planta rectangular, a casa-vivenda no Idade Media e na Idade Moderna. A vivenda nos séculos XIX e XX.
4. MORFOLOXIA DA VIVENDA. Tema. 12.- A casa. Concepto de casa no medio rural galego. A casa-vivenda. Funcións: centro de explotación agraria-unidade de producción. Tipoloxías da casa. As construccións adxectivas ou complementarias.

Tema. 13.- A casa redonda: a palloza. Area primitiva e actual de extensión. Orixes. Tipoloxías. Elementos constructivos. Forma e tamaño. Dependencias. Estado actual. A casa-vivenda da montaña. Area de extensión. tipos: de planta terrea e de dous andares. Características constructivas, funcionais e espaciais.

Tema. 14.- A casa-vivenda da Terra Cha. Zona de emprazamento. tipos. Características constructivas, funcionais e espaciais. A casa-vivenda das "agras". Comarcas en que se sitúa. Tipos. Características constructivas, funcionais e espaciais.

Tema. 15.- A casa-vivenda da zona meridional. Ámbito xeográfico que abrangue. Tipos. Características constructivas, funcionais e espaciais. A casa-vivenda do litoral. Zonas nas que se asenta. Tipos: "casa do pincho", casa con patín e casa con soportais. Características constructivas, funcionais e espaciais.

Tema. 16.- Casas tradicionais que se apartan do concepto de populares: a casa grande e os pazos.
5. AS CONSTRUCCIONS ADXECTIVAS. Tema. 17.- Construccións adxectivas de almacenamento. O hórreo: orixe, distintas denominacións. Elementos constructivos: soleira, soportes (pes, cepas, celeiro), tornarratos, cámara e cuberta. Elementos decorativos. Tipoloxías segundo Ignacio Martínez (por características morfolóxicas e por distribución xeográfica). Agrupacións de hórreos. Situación actual. O palleiro e os alpendres.

Tema. 18.- Construccións adxectivas de transformación. Os muíños (orixe e emprazamento). Características constructivas e espaciais. Funcionamento. Tipoloxías atendendo á forza motriz: de auga (de río e de mare) e de vento. Situación actual. Os fornos e a eira.

Tema. 19.- Outras construccións adxectivas: as adegas, para transformación e almacenamento de viño, as cortes e cortellos, os curros, pombais, alvarizas e outras, para habitación de animais, as fontes e pozos, para suministro de auga. Outras construccións adxectivas.
6. O ARQUITECTO TECNICO E AS CONSTRUCCIONS TRADICIONAIS. Tema. 20.- O Arquitecto Técnico diante das construccións tradicionais. Crise e cambio na Galicia rural. Sensibilización actual cara as construccións dese medio. A rehabilitación, e a restauración. Lexislación e estímulos oficiais na actualidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes