Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Arquitecto Técnico en Execución de Obras
 Asignaturas
  Construcións Tradicionais Galegas
   Atención personalizada
Metodoloxías
Descrición
Tutorias do Profesor no horário aprobado e publicado ao respecto.

Os alumnos que realicen de forma individual, presenten satisfatóriamente e aproben as practicas propostas en clase superarán a asignatura coa nota media que corresponda da sua corrección, segundo o cumplimento dos seguintes criterios:

- Controlo de asistencia e seguimento presencial das clases. Será imprescindibel a asistencia mínimo do 75% ás clases presenciais.

- Participación, realización e discusión de exemplos e práticas de clase.

- Presentación de traballos propostos, coa e obtención de aprobado.

Prevé-se a realización dun exame final para os alumnos que non superen por curso a asignatura, ou para os que queiran elevar a nota.

É condición necesária ter realizadas, entregadas e aprobadas as práticas que correspondan para poder apresentar-se ao exame.

O profesor estará a disposición dos alumnos nos horários de tutorias designados ao respecto para calquera consulta, tutoria ou axuda que poda necesitar o alumnado.

Revisión de exame durante a semana posterior á entrega de calificacións, para aqueles alumnos que o soliciten.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes