Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Tecnoloxías de Edificación Sostible (plan 2012)
 Asignaturas
  Construcións con eco-materiais. fibras vexetais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A34 A36 B1 B2 B3 B4 B7 B13 B15 B19 B23 B25 C6 C7 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Valorarase igualmente a calidade da presentación escrita e oral do traballo.
90
Obradoiro A35 A36 B1 B5 B16 B18 B19 C1 Valorarase a iniciativa e participación nas tarefas propostas 10
 
Observacións avaliación

Establécese a asistencia de polo menos o 80% das horas do curso e participar da viaxe de campo -ou actividade equivalente-como un requisito mínimo.
A asignatura diséñase cun sistema de avaliación continua, polo que é importante a asistencia do alumno nas actividades propostas. Este tipo de avaliación é desenvolvido co apoio persoal do profesor, con particular relevancia dos traballos desenvolvidos durante o curso, que rematan coa presentación oral do traballo final.

Esta avaliación continua rematada coa defensa do traballo constitúe a primeira oportunidade de pasar o curso. 


No caso de que non sexa alcanzado o mínimo nas actividades propostas o profesor poderá escoller entre dúas opcións que componen a segunda oportunidade de pasar o curso: Voltar a entregar os traballos para acadar maior profundidade técnica no tema e na súa presentación a través da plataforma "web" nas datas designadas para o efecto, ou ben a realización dun exame final.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes