Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Arquitectura Técnica
 Asignaturas
  Economía e Organización de empresa
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O desenvolvemento das horas teóricas terá forma de lección maxistral.
Solución de problemas A asistencia aos grupos interactivos é obrigatoria.
En cada clase resolveranse exercicios numéricos. O alumno poderá acceder a eles con antelación a esta, co obxectivo de que os traia resoltos, para así poder discutir os posibles erros.
Traballos tutelados Os alumnos ao longo do cuadrimestre realizarán dous traballos en grupo.
A non realización dos traballos supón a non superación da materia.
Proba obxectiva Ao rematar a primeira parte do temario, correspondente aos contidos de Economía, farase unha proba práctica (exame exercicios)
Proba de resposta múltiple Realizarase na convocatoria oficial da materia (nas dúas oportunidades de exame). Constará de 20 preguntas tipo test, referidas a todos os contidos teóricos desenvolvidos ao longo do cuadrimestre (restarán as respostas erróneas)
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes