Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Información e Documentación
 Asignaturas
  Bibliografía e Fontes de Información
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A3 A4 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C5 C8 C9 C10 C11 C13 C18 Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, fontes e bibliografía utilizada, e entrega no prazo establecido. E a presentación oral.
50
Proba de resposta múltiple A1 A3 A6 C3 C10 C13 Exame tipo test.
30
Lecturas A1 A6 B5 C1 Avaliarase a entrega na data establecida, síntese e reflexión persoal do asunto tratado.

10
Prácticas a través de TIC A5 B6 B7 C2 C12 Avaliaranse as prácticas de acordo coa asistencia e a execución das prácticas sinaladas.

10
 
Observacións avaliación

A realización dos traballos tutelados é requisito imprescindible para presentarse á proba obxectiva. Para aprobar a materia deberán superarse tanto a proba de resposta múltiple como os traballos tutelados. As notas dos traballos tutelados, individuais e en grupo, en caso de ser positivas, conservarase para as dúas probas sucesivas do ano académico; en caso de nota negativa, e tamén para as dúas probas sucesivas, poderase/n reelaborar o/o traballo/s presentado/s inicialmente ou presentar un novo traballo, sempre de acordo coa profesora.
As entregas das prácticas e lecturas terán que presentarse na data establecida. Nestes casos, non hai opción á súa repetición nin entrega posterior.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes