Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Enxeñeiro Industrial
 Asignaturas
  Produción, Transporte e Almacenamento de Produtos Enerxéticos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Previamente ao comezo das exposicións teóricas poñerase a disposición dos alumnos a programación completa coa bibliografía básica para desenvolvela, tanto na plataforma Moodle coma en copistería.
Os temas que se consideran fundamentales,sobre todo para abordar os restantes impartiranse nas clases teóricas; previamente poñerase a disposición dos alumnos na plataforma Moodle e en copistería, o resumo destes.
Traballos tutelados Proxecto Fin de Materia formúlase como un traballo en equipo para conseguir tres obxectivos fundamentais, que son os seguintes:
* complementar os coñecementos teóricos desenvolvidos nas clases maxistrais.
* fomentar o traballo en equipo, fundamental no futuro traballo que o alumno vai desenvolver no seu futuro quefacer profesional.
* acostumar o alumno á exposición e defensa dunha tese desenvolvida por el.
Para iso formúlase en catro fases de traballo que son:
1º establecemento dos grupos de traballo.
2ª formulación xeral do proxecto.
3º deseño e desenvolvemento do proxecto.
4º exposición e defensa do proxecto ante o resto dos alumnos e a profesora da materia.

O desenvolvemento de todos eses pasos debe de ser tutelado e seguido pola
profesora en reunións periódicas que permitan apreciar o avance do traballo e o tempo dedicado a este polo alumno para a súa valorización.
Saídas de campo Realizaranse visitas programadas a instalacións industriais nas que se leven a cabo actividades relacionadas cos temas desenvolvidos na docencia teórica.

Como paso previo, expoñerase un resumo da actividade industrial que realiza a industria/s a visitar, facendo hincapie na relación cos aspectos que poidan aclarar certos puntos ou conceptos desenvolvidos nas sesións maxistrais. Así como o concernente ao traballo diaro dunha actividade industria: seguridade e hixiene, produción, relacións humanas, etc.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes