Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Enxeñeiro Industrial
 Asignaturas
  Ordenación do Territorio e Urbanismo
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Introducirase ó alumno nos distintos puntos do temario, proporcionándolle as ferramentas básicas para entender a actuación urbanística. Utilizaranse transparencias, presentacións e material audiovisual relativos ó tema.
Estudo de casos Presentaránselle ó alumno exemplos de casos reais de desenvolvementos urbanísticos.
Presentaránselle ó alumno exemplos dos diferentes instrumentos de planificación e xestión urbanística.
Solución de problemas Ensinaráselle ó alumno o manexo dos distintos documentos dunha figura urbanística: plan xeral ou plan parcial, para determinar as posibilidades de actuación nunha determinada parcela.
Traballos tutelados Traballo individual de curso consistente na realización polo alumno do deseño dunha actuación industrial ó nivel de detalle esixido pola Lei do Solo para un Plan Parcial. O alumno presentará os planos de implantación, co grao de desenvolvemento previsto por un plan xeral para esa zona, asignación de parámetros urbanísticos e cálculo, a nivel plan parcial, das instalacións previstas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes