Sesión maxistral |
Nela iránse desenvolvendo os conceptos e as fórmulas necesarios para a comprensión e análise dos sistemas lineares de control , dende os conceptos de diagramas de bloques , estabilidade , precisión , etc. , pasando a través da análise temporal e frecuencial , cos métodos utilizados para seu estudo, hasta o deseño de un regulador . |
Solución de problemas |
Realizaranse na pizarra exercicios complementarios a o desenvolvido nas sesións maxistrais de teoría, coa base necesaria e suficiente para a comprensión do tema.
Pola realización e presentación dos problemas, con algunha ferramenta informática (PSpice ou MATLAB )ou manual, que serán propostos durante o curso o Alumno pode obter ata un máximo de 1,5 puntos de acordo co seu grao de resolución e presentación.
Nota: as horas para a realización destes problemas son unha parte das horas de docencia interactiva .
|
Proba obxectiva |
Consistirá na realización dun exame no que se pode poñer un test, problemas e/ou exercicios, coas puntuacións e tempos de realización ben definidos, na folla de exame, para cada un deles.
A nota obtida no devandito exame será máxima de 7 puntos, e é imprescindible obter unha mínima de 3,15 para que computen as obtidas en docencia interactiva na nota final, que será a suma das tres.
Para o aprobado da materia é obrigatorio ter realizado todas as prácticas de laboratorio nas datas establecidas para elas. |