O sistema de avaliación debe de ser flexible nesta materia podendo permitirlle ao alumno ser avaliado pola a entrega dun proxecto ou traballo ou pola realización dun exame final o que implica que a Planificación supera 200%. Tamén debe de ser valorado o esforzo do alumno e a súa colaboración en clase, e dáselle unha cuantificación máxima do 20 %.
Polo tanto haberá dous camiños de avaliación mediante traballo 80%+20% (taller)=100%
ou mediante exame 80%+ 20% (taller) =100%
Lista de traballos 1. Reactores Espaciais Estáticos 2. Reactores Espaciais Dinámicos 3. Medicamento Nuclear. Diagnóstico e Tratamento 4. Irradiación de Alimentos. 5. Aplicacións dos radioisótopos na Industria. 6. Propulsión Mariña. 7. Chernovyl 8. Accidentes Nucleares Mariños 9. Accidentes Nucleares Terrestres. (Chernovyl Non) 10. Armamento Nuclear.
Lista de proxectos a entregar; 1 Deseño e cálculo dunha blindaxe para unha instalación de irradiación de alimentos, 2 Deseño e cálculo dunha blindaxe para instalación de radiodiagnóstico médico, 3 Cálculo de instalacións radioactivas de primeira categoría, 4 Cálculo de instalacións radioactivas de segunda categoría.