Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Introdución á Economía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral É a información ou desenvolvemento de contidos que incide sobre o nivel de coñecementos do alumno e que serven de punto de partida para a consolidación das aprendizaxes.
A lección maxistral consiste na exposición oral e sistematizada por parte do profesor, que o fin de transmitir certos coñecementos ao alumno. É un recurso didáctico que permite ao profesor transmitir con precisión os conceptos mais importantes da materia, e debera polo xeral, reflectir coñecementos que lles sería difícil de atopar aos alumnos por outros meios.
A lección maxistral servirá fundamentalmente para transmitir os contidos do programa dunha forma sistematizada e respectando unha orde expositiva que teña en conta os aspectos seguintes:
- Exposición dun marco global inicial que permita centrar o tema.
- Análise dos aspectos principais que integran o tema.
- Síntese integradora do exposto.
- Fixación breve e sinóptica do tema.
Será empregada principalmente ao comezo dos contidos teóricos pois estes requiren dunha presentación global, sintética e con rigor científico e claridade expositivar.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Realizaranse prácticas de aula dos contidos da materia. Dentro dos métodos existentes para facer prácticas dos contidos teóricos estudados utilizaremos o de probas de ensaio ou resposta libre coa posibilidade de ser complementados con probas de tipo test. A aplicación deste método implica a formulación dunha ou varias cuestións, que el alumno deberá desenvolver. O profesor utilizará como principios do procedimento de corrección:
- A precisión na resposta.
- A utilización de representacións gráficas como medio de expresión dos razonamentos.
- A identificación dos conceptos e relacións relevantes.
-Xerarquizar a súa importancia.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.alguna de estas preguntas.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.A realización en grupo dos traballos tutelados consistirá na profundización de algúns dos temas propostos polo profesor nos contidos da asignatura ou que garde algunha afinidade con eles.

O grupo de alumnos cando decidan o traballo tutelado a realizar deberán comunicarllo ao profesor, indicando os seus integrantes, obter o seu visto bo e seguir o plan de tutorías que se estableza.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes