Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Cálculo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A6 B1 B4 C1 C6 Son probas coas que se pretende medir o nivel de coñecemento da materia por parte do estudante. Non terán un perfil definido, xa que poden abranguer dende cuestións test, nas que o alumno unicamente debe elixir unha resposta entre as opcións que se propoñen, ata a resolución de problemas que impliquen unha estratexia de actuación ou contestar a cuestións teóricas que reflicten o grao de coñecemento da materia. 75
Solución de problemas A6 C3 C6 Formularanse cuestións teórico-prácticas nas que o estudante buscará a solución a un problema determinado. 20
Prácticas de laboratorio A6 A9 B1 B6 Os alumnos deben resolver exercicios coa axuda do programa informático que empregaron nas clases de laboratorio. 5
 
Observacións avaliación

A cualificación final da asignatura consta de tres partes:

i) solución de problemas:
teñen lugar mediante probas escritas e durante o desenvovemento das
clases na aula, no que o profesor valora de forma individual o grao de
coñecemento da materia por parte de cada alumno.

Esta parte representa o 20%
da cualificación.

ii) realización das prácticas de laboratorio, onde os alumnos deberán saber utilizar os programas informáticos que lles proporciona o profesor para resolver distintos exercicios que se formulen en relación co contido do programa da materia.

Esta parte representa o 5% da cualificación.

iii) a realización da proba mixta.

Esta parte supón o 75% da cualificación da asignatura, da cal o 5% corresponde a probas relativas a prácticas de
laboratorio

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes