Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Física I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 B2 B4 B5 B6 C3 C8 Son obrigatorias. Valorarase a comprensión do traballo de laboratorio. 10
Proba de resposta breve A7 A13 B1 Realizaranse dúas probas de resposta breve sobre os contidos vistos ata o momento da realización da proba 10
Proba obxectiva B1 B2 B5 B6 C1 C6 Ao finalizar o semestre realizarase unha proba obxectiva escrita de tres horas de duración sobre os contidos da materia. 70
Solución de problemas A7 A13 B1 B5 C3 C6 Avaliación continua mediante o seguimento do/a alumno/a nas clases ás que asiste, valorando a comprensión que o alumno adquire da materia. 10
 
Observacións avaliación

Para que un/unha alumno/a sexa avaliado/a, hase de ter en conta que a asistencia a clase é obrigatoria. Contemplaranse casos excepcionais que poidan ser documentados.

Os(as alumnos/as repetidores que realizasen as prácticas no curso 2014/15 poderán optar entre realizar novamente as prácticas de laboratorio e ser evaludos, ou non realizalas e conservar a puntuación do laboratorio do curso anterior.As prácticas de laboratorio son obrigatorias, co que un alumno que non as realizou, non ten opción de superar a materia.

A avaliación do/a alumno/a e das competencias adquiridas, individualmente ou en grupo, levará a cabo ponderando adecuadamente as seguintes actividades: Proba obxectiva presencial escrita 70% Prácticas de laboratorio 10% Avaliación continua mediante o seguimento do alumno nas clases e tutorías, valorando a comprensión que o alumno adquire da materia 20%. (Neste apartado incluímos conxuntamente a avaliación das solucións de problemas e as probas de resposta breve, pois consideramos que se deben complementar e cualificar conxuntamente aínda que a aplicación informática non o permite)

Na segunda oportunidade (Xullo), o sistema de evalución é o mesmo que para a primeira oportunidade.

Os estudantes, que por razóns xustificadas (emprego, enfermidade,...) non realicen a avaliación continua, a proba obxectiva presencial escrita supón o 90% da puntuación. O 10% restante corresponde á puntuación das prácticas de laboratorio, que son obrigatorias

Os/as alumnos/as con cualificacións de "non presentado" son aqueles que non se presentaron á proba obxectiva.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes