Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Fundamentos de Física
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrales realizarasen na aula, mediante clases na pizarra ou medios audiovisuais (transparencias, presentación en power point, vídeos). A duración destas clases será de 1,5 horas semanais e o grupo de alumnos será un grupo grande con todos os alumnos matriculados.
Os alumnos tomarán apuntes dos conceptos fundamentais explicados na aula para despois ampliar os conceptos consultando a bibliografia aconsellada.
Ademáis proporcionaránselles aos alumnos ferramentas tales como resumos ou esquemas, os que poderan acceder mediante a plataforma Moodle.
Solución de problemas Despois de cada tema proporanse una colección de problemas tipo. As clases de solución de problemas serán de 1 hora semanal en grupos interactivos de aproximadamente 20 alumnos. Parte dos problemas propostos resolveranse na pizarra (os problemas tipo) durante as clases interactivas e outros deixaranse coma traballo individual de cada alumno.
Nas tutorías de grupos reducidos, que serán de 0.5 horas semanais, en grupos de 10 alumnos, plantexaranse problemas/test correspondentes con cada un dos bloques temáticos. Estes problemas/test resoltos polo alumno servirán para a avaliación continua dos mesmos. Proporcionaránselle ao alumno os problemas/test resoltos a posteriori para que lle axuden no proceso de autoevaluación.
Prácticas de laboratorio O alumno terá que aprender a desenvolver catro experimentos no laboratorio relacionados cos diferentes bloques temáticos da asignatura. A duración de cada unha destas prácticas e de 1h de clase. Os grupos serán reducidos, de aproximadamente 20 alumnos por clase.
Os alumnos traballarán en grupos pequenos (dous ou tres alumnos por equipo). Ó final de cada sesión cada equipo entregará unha memoria co resumo dos datos obtidos. Esta memoria formará parte da avaliación continua do alumno.
Oa alumnos que non realicen as prácticas da asignatura non poderán presentarse á proba obxetiva e figurarán como non presentados.
Proba obxectiva Realizarase unha proba final onde se avaliarán os coñecementos adquiridos durante o curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes