Sesión maxistral |
Levaranse a cabo 12 sesións en clases maxistrais en grupo único onde se desenvolverán os contidos teóricos da materia. Consistirá maioritariamente en presentacións de Power-Point. Os alumnos terán, con suficiente antelación, as copias das correspondentes presentacións a través da plataforma Moodle da materia, co fin de que o alumno poida preparar previamente a materia que se vai impartir, ademais de facilitar o seguimento das explicacións. Fomentarase en todo momento a participación interactiva do alumno. A asistencia a estas clases non é obrigatoria, pero é máis que recomendable. |
Seminario |
Proponse levar a cabo 7 sesións de seminarios de grupo reducido onde os alumnos presentarán os traballos formulados polo profesor. Haberá unha quenda de debate e preguntas sobre o tema proposto tanto por parte dos alumnos como do profesor. Os alumnos dispoñerán con suficiente antelación dos devanditos traballos a través da plataforma Moodle, para que os elaboren antes do inicio destas clases. A asistencia a estas clases é obrigatoria. |
Proba obxectiva |
Levarase a cabo unha proba obxectiva que versará sobre a totalidade dos contidos da materia. |