Para superar a asignatura será preciso obter, sumadas as
cualificacións de tódalas actividades, unha nota mínima do 50% do total, ou ben obter unha
nota non inferior ao 50% da proba de resposta múltiple.
Para obter a cualificación de non presentado. sera suficiente que os
alumnos non participen na proba de resposta múltiple e non haber sido
evaluados nos Traballos tutelados en mais dun 50%. Na
proba de xullo o criterio para superar a asignatura será o anterior.
Polo que se refire a sucesivos cursos académicos, o proceso
de ensinanza-aprendizaxe, incluida a avaliación, refirese a un curso
académico, e polo tanto voltaría a comenzar cun novo curso, incluidas
todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programados
para dito curso.
Os alumnnos matriculados en reximen de tempo
parcial poden ser evaluados de maneira personalizada no referente as
metodoloxías de Sesión maxistral, Solución de problemas e Traballos
tutelados. Aos alumnos matriculados en reximen de tempo parcial e obrigatorio presentarse a proba de resposta múltiple.
A Proba de resposta múltiple e igual para todos os alumnos.
Teñen prioridade na concesión de matrícula de
honra os alumnos de primeira oportunidade.