Para superar a materia será preciso obter, tanto na proba como no
resto de actividades avaliables, unha nota non inferior ó 4 (sobre 10), e
acadar, sumadas as cualificacións de tódalas actividades unha nota
mínima de 5 (sobre 10). De non alcanzarse a dita puntuación mínima en
algunha das actividades avaliables, e no caso de que a nota final fóse
maior ou igual a 5 (sobre 10), a materia figurará como suspensa (4,5).
A
avaliación dos alumnos na segunda oportunidade seguirá os mesmos
criterios que na primeira oportunidade. Os alumnos evaluados na segunda
oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo de
éstas para o curso correspondente non se cubriu na primeira
oportunidade. As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos
seminarios de resolución de problemas conservaranse para a segunda
oportunidade de xullo. A cualificación da proba de xullo substituirá á
obtida na proba de xuño.
Os alumnos que por razones xustificadas non participen nas actividades de avaliación continua voluntarias, poderán facer un traballo equivalente acordado ca profesora.
As prácticas de laboratorio realizaranse según o calendario oficial publicado ó principio do cuadrimestre.
Para
obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter
participado en máis dun 25 % das actividades avaliables programadas.
Polo
que se refire a sucesivos cursos académicos, o proceso de
ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso
académico, e polo tanto voltaría a comezar cun novo curso, incluidas
todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programadas
para o dito curso.