Para superar a materia é
requisito imprescindible obter unha calificación mínima de 5 puntos sobre un
máximo de 10 en cada unha das actividades avaliables. En caso contrario, a
asignatura non será superada.
Unha vez superadas todas as
actividades, a nota final calcularase da siguinte forma: a proba mixta suporá
un 70% da nota final, e as actividades de laboratorio e grupos pequenos
contribuirán co 30% restante. A asistencia a clases e prácticas de laboratorio,
e a entrega de problemas son obrigatorias para ser evaluados.
As Matrículas de Honra serán
outorgadas só aos estudantes que sexan evaluados ao longo do curso e
superen a correspondente avaliación en calquera das dúas oportunidades, ata
alcanzar o máximo de Matrículas de Honra posible segundo a normativa da
institución.
As calificacións de
prácticas de laboratorio e traballos en grupo reducido conservaranse na segunda
oportunidade, mentres que a calificación da proba mixta da segunda oportunidade
substituirá á obtida na primeira.
O alumno será declarado NON
PRESENTADO só se non participou en máis do 25% das actividades da asinatura.
Os alumnos que no obtiveran unha calificación
suficiente para aprobar a asignatura e volten a matricularse en posteriores
cursos académicos, deberán realizar tódalas actividades e procedementos de
avaliación novamente, xa que o proceso de ensino-aprendizaxe, que inclúe a
avaliación, refírese a un só curso académico.